Amosando publicacións coa etiqueta celebración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta celebración. Amosar todas as publicacións

12/06/18

Aviso da ANPA: Festa de actividades extraescolares

Este xoves non imos dar feito:

Pola mañá temos a excursión de fin de curso e polo serán...unha festa no Salón de Actos do centro!

Festa rachada!  :)

A ANPA do centro organiza este evento para celebrar o remate das Actividades Extraescolares.

A festa dará comenzo ás 16:30 horas.

 Consistirá nunha mostra das Actividades Extraescolares e na tradicional merendola de fin de curso. 

Estamos convidadas todas as persoas da Comunidade Educativa (crianzas, familias, profesorado)

Pregamos ás familias que aportedes algún doce ou sobremesa, sinalar nos mesmos os ingredientes das vosas elaboracións por mor das alerxias.

 Vémonos o xoves!

16/05/18

Conmemoracións: Día das Letras Galegas


Ola!

Xa se achega o xoves 17 de Maio... É un día moi sinalado. Celébrase o Día das Letras Galegas, e no centro, estamos a traballar arreo para festexar esta xornada tan emotiva  para toda a rapazada galega.


23/03/18

Inglés: Easter holidays!

E por fin chegou o día!

Imos de Holidays!

O cole xa está todo decorado...e Easter bunny quedou...encantado!



 O alumnado traballou arreo para  deixar  a pranta baixa tan..."primaveral"! A ver se O Bunny sabe apreciar o voso esforzo e  recibides un Easter egg nestos días. Finger crossed!


 
Axudando a decorar


Aqui tedes unhas fotos do resultado final.


22/03/18

Inglés: Happy Easter!


Ladies and Gentlemen...Easter Bunny  deixou un recado para o alumnado: Decorar o cole para celebrar a chegada do Easter!



As crianzas non dubidaron en  poñerse a traballar...A ver se así, Easter Bunny se anima a deixar un chocolate egg nas vacacións! Oxalá!









 

21/03/18

Conmemoración: Día Mundial do Síndrome de Down


Hoxe celébrase o Día Mundial das persoas con Síndrome de Down.









Unha xornada en que queren incidir na integración plena das persoas con esta condición. 





Cada día esfórzanse por demostrar as súas habilidades. 



No enlace de abaixo poderedes ollar  cincuenta nais cantando cos seus fillos a canción 'Mil anos'. 

Falan de cores, de promesas, e tamén de valentía. Como proba, a súa!

Día Mundial do Síndrome de Down

19/03/18

Conmemoración: Happy Father´s Day

Ola rapazada:

Hoxe é o día do Pai e por iso é moi importante agasallar aos nosos pais cunha aperta e cun "I love you!" ou "Quérote!"

Por petición do alumnado podedes gozar deste video tan animado sobre unha familia moi especial...
FAMILY FINGER!

Feliz día a tódolos pais e avós!





Lyrics


Daddy finger, daddy finger, where are you? 


Here I am, here I am. How do you do?


Mommy finger, Mommy finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

Brother finger, Brother finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

Sister finger, Sister finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

Baby finger, Baby finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

09/03/18

Talleres: Cociñando polo Feminismo


Bo día xente!

Despois da intensa xornada vivida onte, estamos a presenciar actividades de aula relacionadas coa Equidade e Igualdade no noso centro.

Semella que en Marzo todo se tinxe de tonalidades lilas; invádennos os símbolos feministas como preludio dunha sociedade máis xusta para todas e todos!

Ollade o Taller de Igualdade no que está mañá participarón as crianzas de 4 anos. 
Fixeron galletiñas moi especiais...


16/02/18

Inglés: Feliz aninovo chinés




  ĭ hăo!     你好



Como de seguro xa sabedes , hoxe, venres 16 de Febreiro,  comeza o festexo do Ano Novo chino 2018,  que en realidade ven sendo o ano 4716 nesta cultura asiática.

O ano novo chinés cae no día da lúa nova máis próximo ao día entre o solsticio de inverno e o equinocio de primavera do hemisferio norte.

O novo ano chinés entra o 16 de febreiro deste 2018 e remata o 4 de febreiro de 2019. 

Estará adicado ao signo do can, animal que se relaciona coa fidelidade, a amizade e a lonxevidade.

E ti, queres saber que animal está adicado ao ano do teu nacemento no calendario chinés?

Have a look!


09/02/18

Celebración: Festival de Entroido

 Ola, ola:

E por fin chegou o día!


Hoxe , ás 11:30 h.  festexamos no cole o Festival de Entroido!

Tanto o alumnado, como o profesorado, a ANPA do centro e as familias en xeral axudaron a organizar este evento dende  primeria hora da mañá, ocupándose  da decoración do escenario, dos corredores, o photocall,  disposición da zona de degustación de produtos típicos...

Velaquí unhas fotos destes preparativos!


08/02/18

Novas sobre o entroido


Bo día:

Adiviña quen son...

Mañá Venres lembrade vir ao pasarrúas do Entroido!

Cártel da ANPA do centro


03/02/18

Conmemoración: Dia da Paz

Ola!

O pasado martes, 30 de Xaneiro  foi o día da Paz e no colexio o celebramos de diferentes xeitos.

A nivel de aula, o alumnado traballou  con esta temática, reflexionando sobre os problemas do mundo no que vivimos e realizando diferentes traballos sobre a Paz.


26/11/17

Conmemoración: En negro contra las violencias


O pasado venres 24 de Novembro a comunidade educativa sumouse á campaña contra a Violencia de Xénero na nosa sociedade, que se celebrou o  pasado sábado 25 de Novembro.



Celebráronse diferentes actos: 

O alumnado acudiu ao salón de actos,  e cada nena e neno participaron nunha foto na que  suxeitaban unha cartulina de cor negra, para solidarizarse con esta causa.




Ademais, as docentes do colexio subiron ao palco, e coas suas camisetas co lema COMPOSTELA EN NEGRO, proporcionadas polo  concello, sacaron unha foto tamén, coas cartolinas negras, como sinal de protesta pola violencia en contra das mulleres.




Algúns pais e nais sumáronse esa xornada  á concienciación  sobre esta secuela na nosa sociedade, levando postas camisolas de cor negra cos lemas mais representativos desta campaña en contra da violencia machista.

O edificio do centro contou con diferentes carteis colgados das xanelas reivindicando  a fin da violencia de xénero.



Sen dúbida, foi un acto no que todas e todos participamos  activamente e nos solidarizamos ao cen por cen coa causa. 



Moitas grazas a toda a comunidade  pola  implicación amosada nesta xornada!