Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoración. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Conmemoración. Amosar todas as publicacións

16/05/18

Conmemoracións: Día das Letras Galegas


Ola!

Xa se achega o xoves 17 de Maio... É un día moi sinalado. Celébrase o Día das Letras Galegas, e no centro, estamos a traballar arreo para festexar esta xornada tan emotiva  para toda a rapazada galega.


03/05/18

Conmemoracións: Os Maios


Ola!


Esta semana xa comenzamos a traer herbiñas  e flores para colaborar coa festa do Maio!





Hoxe, venres, celebraremos esta festa tradicional a partires do recreo. 



23/04/18

Conmemoracións: Día internacional do libro




Hoxe celebramos o Día Internacional do Libro, e o fixemos dun xeito moi saudáble. 




Aproveitando o bó tempo, decidimos pasar o plan lector de hoxe  (e algúns minutos mais) no patio exterior. O alumnado dos cursos superiores encargáronse de contar contos aos mais cativos do centro.





19/03/18

Conmemoración: Happy Father´s Day

Ola rapazada:

Hoxe é o día do Pai e por iso é moi importante agasallar aos nosos pais cunha aperta e cun "I love you!" ou "Quérote!"

Por petición do alumnado podedes gozar deste video tan animado sobre unha familia moi especial...
FAMILY FINGER!

Feliz día a tódolos pais e avós!





Lyrics


Daddy finger, daddy finger, where are you? 


Here I am, here I am. How do you do?


Mommy finger, Mommy finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

Brother finger, Brother finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

Sister finger, Sister finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

Baby finger, Baby finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

03/02/18

Conmemoración: Dia da Paz

Ola!

O pasado martes, 30 de Xaneiro  foi o día da Paz e no colexio o celebramos de diferentes xeitos.

A nivel de aula, o alumnado traballou  con esta temática, reflexionando sobre os problemas do mundo no que vivimos e realizando diferentes traballos sobre a Paz.


26/11/17

Conmemoración: En negro contra las violencias


O pasado venres 24 de Novembro a comunidade educativa sumouse á campaña contra a Violencia de Xénero na nosa sociedade, que se celebrou o  pasado sábado 25 de Novembro.



Celebráronse diferentes actos: 

O alumnado acudiu ao salón de actos,  e cada nena e neno participaron nunha foto na que  suxeitaban unha cartulina de cor negra, para solidarizarse con esta causa.




Ademais, as docentes do colexio subiron ao palco, e coas suas camisetas co lema COMPOSTELA EN NEGRO, proporcionadas polo  concello, sacaron unha foto tamén, coas cartolinas negras, como sinal de protesta pola violencia en contra das mulleres.




Algúns pais e nais sumáronse esa xornada  á concienciación  sobre esta secuela na nosa sociedade, levando postas camisolas de cor negra cos lemas mais representativos desta campaña en contra da violencia machista.

O edificio do centro contou con diferentes carteis colgados das xanelas reivindicando  a fin da violencia de xénero.



Sen dúbida, foi un acto no que todas e todos participamos  activamente e nos solidarizamos ao cen por cen coa causa. 



Moitas grazas a toda a comunidade  pola  implicación amosada nesta xornada!