Amosando publicacións coa etiqueta cultura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cultura. Amosar todas as publicacións

03/05/18

Conmemoracións: Os Maios


Ola!


Esta semana xa comenzamos a traer herbiñas  e flores para colaborar coa festa do Maio!





Hoxe, venres, celebraremos esta festa tradicional a partires do recreo. 



23/04/18

Conmemoracións: Día internacional do libro




Hoxe celebramos o Día Internacional do Libro, e o fixemos dun xeito moi saudáble. 




Aproveitando o bó tempo, decidimos pasar o plan lector de hoxe  (e algúns minutos mais) no patio exterior. O alumnado dos cursos superiores encargáronse de contar contos aos mais cativos do centro.





13/04/18

Talleres: Enreguéifate!

Onte tivemos un taller de regueifas no cole!

Foi impartido por Alba, unha regueifeira profesional  que comenzou a sesión...cantando con  letra improvisada sobre o alumnado presente, de 5º e 6º de Primaria! Mi madriña!


Despois de explicarnos nocións teóricas sobre este xénero tan especial,  a rapazada, en grupos de tres, comenzou a inventar estrofas.

O resultado foi espectacular!