Amosando publicacións coa etiqueta concienciación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta concienciación. Amosar todas as publicacións

21/03/18

Conmemoración: Día Mundial do Síndrome de Down


Hoxe celébrase o Día Mundial das persoas con Síndrome de Down.









Unha xornada en que queren incidir na integración plena das persoas con esta condición. 





Cada día esfórzanse por demostrar as súas habilidades. 



No enlace de abaixo poderedes ollar  cincuenta nais cantando cos seus fillos a canción 'Mil anos'. 

Falan de cores, de promesas, e tamén de valentía. Como proba, a súa!

Día Mundial do Síndrome de Down

Talleres: Taller de sostenibilidade

As aulas de 3º e 4º do noso cole tiveron unha pequena charla-taller de reciclaxe e hortos urbáns encaixada na ruta "Faino Verde", impartida por colaboradores da empresa Leroy Merlín e coas que pretenden sensibilizar aos máis pequenos dunha forma práctica, didáctica e lúdica para que adquiran condutas sustentables e respectuosas co entorno.  

 

O taller tivo unha duración duns 60 minutos e incluiu diferentes actividades para potenciar a reciclaxe e fomentar o aforro de auga e enerxía así como un taller no que as crianzas fabricaron o seu propio horto sostible.


09/03/18

Talleres: Cociñando polo Feminismo


Bo día xente!

Despois da intensa xornada vivida onte, estamos a presenciar actividades de aula relacionadas coa Equidade e Igualdade no noso centro.

Semella que en Marzo todo se tinxe de tonalidades lilas; invádennos os símbolos feministas como preludio dunha sociedade máis xusta para todas e todos!

Ollade o Taller de Igualdade no que está mañá participarón as crianzas de 4 anos. 
Fixeron galletiñas moi especiais...


26/11/17

Conmemoración: En negro contra las violencias


O pasado venres 24 de Novembro a comunidade educativa sumouse á campaña contra a Violencia de Xénero na nosa sociedade, que se celebrou o  pasado sábado 25 de Novembro.



Celebráronse diferentes actos: 

O alumnado acudiu ao salón de actos,  e cada nena e neno participaron nunha foto na que  suxeitaban unha cartulina de cor negra, para solidarizarse con esta causa.




Ademais, as docentes do colexio subiron ao palco, e coas suas camisetas co lema COMPOSTELA EN NEGRO, proporcionadas polo  concello, sacaron unha foto tamén, coas cartolinas negras, como sinal de protesta pola violencia en contra das mulleres.




Algúns pais e nais sumáronse esa xornada  á concienciación  sobre esta secuela na nosa sociedade, levando postas camisolas de cor negra cos lemas mais representativos desta campaña en contra da violencia machista.

O edificio do centro contou con diferentes carteis colgados das xanelas reivindicando  a fin da violencia de xénero.



Sen dúbida, foi un acto no que todas e todos participamos  activamente e nos solidarizamos ao cen por cen coa causa. 



Moitas grazas a toda a comunidade  pola  implicación amosada nesta xornada!