Amosando publicacións coa etiqueta visita. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta visita. Amosar todas as publicacións

21/03/18

Talleres: Taller de sostenibilidade

As aulas de 3º e 4º do noso cole tiveron unha pequena charla-taller de reciclaxe e hortos urbáns encaixada na ruta "Faino Verde", impartida por colaboradores da empresa Leroy Merlín e coas que pretenden sensibilizar aos máis pequenos dunha forma práctica, didáctica e lúdica para que adquiran condutas sustentables e respectuosas co entorno.  

 

O taller tivo unha duración duns 60 minutos e incluiu diferentes actividades para potenciar a reciclaxe e fomentar o aforro de auga e enerxía así como un taller no que as crianzas fabricaron o seu propio horto sostible.


02/03/18

Talleres: Balonmán

GRAZAS POR VIR AO NOSO COLE!!!

Dende o cole queremos dar as grazas a David, un adestrador de balonman do Clube de Balonmán Ribadosar, que visitou durante varios días o noso cole.
 Durante catro xornadas estivo coa profe de Educación Física nas clases de 4º, 5º e 6º, introducindo á rapazada neste deporte.  Quen mellor que un adestrador para ensinar balonmán ás crianzas!
 Todos o alumndo amosou interese, algúns xa tiveran algunha toma de contacto pero para outros era a primeira vez. Portáronse moi ben durante toda a sesión!
David comezou explicándo unhas nocións teóricas e rápidamente pasamos á pista;  algún grupo ata puido rematar facendo un minipartido.
 Que mágoa que o tempo pasara tan  axiña nesta actividade!  De  tódolos xeitos, quedamos convidados e convidadas por el a participar nalgún dos adestramentos do seu clube!

Moitas grazas David, volve cando queiras :) 
Oxalá algún clube máis se anime a colaborar con nós para dotar ao alumnado dun amplo bagaxe de experiencias deportivas.
Que pasedes unha boa fin de semana!
Deica o Luns!

Deixámosvos algunhas fotos para que botedes un ollo. A ver se vos gustan!



26/11/17

Talleres: Visita contra os lumes

Moi boas!

Fai unhas semanas  tivemos o pracer de recibir no centro ao Distrito Forestal de Ordes. 

Déronnos unha charla moi interesante  no salón de actos sobre a terrible situación que viven os montes galegos e nos aprenderon sobre como previr os lumes forestais.

Ademais, no patio do centro tivemos a oportunidade de subir a un camión "Autobomba" real! Pasámolo moi ben pois os axentes forestais nos deixaron tocar a serea e mesmo coller a mangueira coa que apagan os lumes!

Velaquí unha fotos!