Amosando publicacións coa etiqueta workshop. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta workshop. Amosar todas as publicacións

21/03/18

Talleres: Taller de sostenibilidade

As aulas de 3º e 4º do noso cole tiveron unha pequena charla-taller de reciclaxe e hortos urbáns encaixada na ruta "Faino Verde", impartida por colaboradores da empresa Leroy Merlín e coas que pretenden sensibilizar aos máis pequenos dunha forma práctica, didáctica e lúdica para que adquiran condutas sustentables e respectuosas co entorno.  

 

O taller tivo unha duración duns 60 minutos e incluiu diferentes actividades para potenciar a reciclaxe e fomentar o aforro de auga e enerxía así como un taller no que as crianzas fabricaron o seu propio horto sostible.


09/03/18

Talleres: Cociñando polo Feminismo


Bo día xente!

Despois da intensa xornada vivida onte, estamos a presenciar actividades de aula relacionadas coa Equidade e Igualdade no noso centro.

Semella que en Marzo todo se tinxe de tonalidades lilas; invádennos os símbolos feministas como preludio dunha sociedade máis xusta para todas e todos!

Ollade o Taller de Igualdade no que está mañá participarón as crianzas de 4 anos. 
Fixeron galletiñas moi especiais...


07/03/18

Actividades: Circus party at school!

Ladies and gentlemen....

Welcome to the Circus!

 


O alumnado do cole está a recibir unhas clases moi divertidas esta semana:

ACTIVIDADES DE CIRCO! 



Benvidos ao circo!


O departamento de Educación Física é o organizador deste evento.  

A profe de E.F. traballou arreo para levar a cabo este proxecto. Habilitou unha aula valeira do primeiro andar coma un "pequeno circo".

Deste xeito, a clase quedou transformada nun espazo no que aprender malabares e moito mais!


Porta de "Circo"