Amosando publicacións coa etiqueta taller. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta taller. Amosar todas as publicacións

21/06/18

Talleres: xogos da ANPA de Fin de Curso

Ola!

Para festexar o fin de curso, despois do recreo tivemos o pracer de contar  cunha xornada lúdica organizada polas familias da ANPA do centro. 

12/06/18

Aviso da ANPA: Festa de actividades extraescolares

Este xoves non imos dar feito:

Pola mañá temos a excursión de fin de curso e polo serán...unha festa no Salón de Actos do centro!

Festa rachada!  :)

A ANPA do centro organiza este evento para celebrar o remate das Actividades Extraescolares.

A festa dará comenzo ás 16:30 horas.

 Consistirá nunha mostra das Actividades Extraescolares e na tradicional merendola de fin de curso. 

Estamos convidadas todas as persoas da Comunidade Educativa (crianzas, familias, profesorado)

Pregamos ás familias que aportedes algún doce ou sobremesa, sinalar nos mesmos os ingredientes das vosas elaboracións por mor das alerxias.

 Vémonos o xoves!

12/04/18

Talleres: Teatro musical

Hoxe tivemos o pracer de contar coa presenza de Magín Blanco, que nos trouxo un espectáculo músico-teatral para os cativos de 1º e 2º de Primaria.

A obra chámase "Gatuxo".