Amosando publicacións coa etiqueta fin de curso. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fin de curso. Amosar todas as publicacións

21/06/18

Outras actividades: Despedida de Conchita e remate do curso

E chegou o día!

Rematamos o curso cunha xornada de moitas emocións...Hoxe as risas mesturábanse coas bagullas...

Foi un día  moi especial onde a cativada se despediu dos colegas e mesmo dos profes.

Inglés: BYE_BYE BIRDIE!

Ladies and gentlemen: 

O alumnado de 3º de Primaria, en nome de todo o alumnado do cole, quérevos agasallar cunha canción para festexar o Fin de Curso. 

                         

Talleres: xogos da ANPA de Fin de Curso

Ola!

Para festexar o fin de curso, despois do recreo tivemos o pracer de contar  cunha xornada lúdica organizada polas familias da ANPA do centro. 

20/06/18

Inglés: Bye-bye school-Hello summer!

Hello everybody!

Tomorrow is going to be a very exciting day because we will finish School!

The summer is about to come and at the English classroom we are doing a lot of activities related to the Holidays.

12/06/18

Aviso da ANPA: Festa de actividades extraescolares

Este xoves non imos dar feito:

Pola mañá temos a excursión de fin de curso e polo serán...unha festa no Salón de Actos do centro!

Festa rachada!  :)

A ANPA do centro organiza este evento para celebrar o remate das Actividades Extraescolares.

A festa dará comenzo ás 16:30 horas.

 Consistirá nunha mostra das Actividades Extraescolares e na tradicional merendola de fin de curso. 

Estamos convidadas todas as persoas da Comunidade Educativa (crianzas, familias, profesorado)

Pregamos ás familias que aportedes algún doce ou sobremesa, sinalar nos mesmos os ingredientes das vosas elaboracións por mor das alerxias.

 Vémonos o xoves!

Actividades: Excursión de fin de curso

Ola,  ola!

Coma xa sabedes, a excursión de fin de curso vaise facer finalmente este xoves!

Visitaremos un campo de aventuras en Rianxo onde de seguro o pasaremos xenial realizando moitas actividades físicas e deportivas.

Lembrade ser puntuais ese día. A excursión é de 9:00 a 14 h.

Por suposto, seguide as indicacións da folla informativa que se vos entregou sobre a excursión, coma:  levar unha gorra e chaqueta, levar protección solar, unha merendola "práctica" e auga, etc

Non vos preocupedes polo "tema" de sacar fotos. O profesorado encargarese de facer un amplo  reportaxe gráfico. Poderedes descargar e ollar todas a fotos neste blog a partir do venres!

Qué ben o imos pasar!

Deica o xoves!