Bo día:
Comenzamos a fin de semana cunhas fotiñas do Festival de Actividade Extraescolares, celebrado o pasado xoves pola tarde no salón de actos do colexio.
15/06/18
Outras actividades: Breaking news! Un alumno de 6º, gañador do concurso "Atrévete a ter unha idea"
Moitos parabéns para Morad, o alumno de 6º de Primaria premiado no concurso da Consellería de Educación " Atrévete a ter unha idea".
ATRÉVETE A TER UNHA IDEA desenvolveuse no marco do proxecto EDUEMPRENDE, coa colaboración da Consellería e diferentes asociacións empresariais.
Outras actividades: Fotos da excursión de fin de curso de Primaria
Atención rapazada:
Comenzamos a subir ao blog as primeiras fotos da excursión de fin de curso a Rianxo.
Compartimos convosco estas imaxes tan divertidas...
Qué ben o pasáchedes no Camping de Aventuras de Rianxo!
Agardamos que vos gusten
:)
12/06/18
Aviso da ANPA: Festa de actividades extraescolares
Este xoves non imos dar feito:
Pola mañá temos a excursión de fin de curso e polo serán...unha festa no Salón de Actos do centro!
Festa rachada! :)
A ANPA do centro organiza este evento para celebrar o remate das Actividades Extraescolares.
A festa dará comenzo ás 16:30 horas.
Consistirá nunha mostra das Actividades Extraescolares e na tradicional merendola de fin de curso.
Estamos convidadas todas as persoas da Comunidade Educativa (crianzas, familias, profesorado)
Pregamos ás familias que aportedes algún doce ou sobremesa, sinalar nos mesmos os ingredientes das vosas elaboracións por mor das alerxias.
Vémonos o xoves!
Actividades: Excursión de fin de curso
Ola, ola!
Coma xa sabedes, a excursión de fin de curso vaise facer finalmente este xoves!
Visitaremos un campo de aventuras en Rianxo onde de seguro o pasaremos xenial realizando moitas actividades físicas e deportivas.
Lembrade ser puntuais ese día. A excursión é de 9:00 a 14 h.
Por suposto, seguide as indicacións da folla informativa que se vos entregou sobre a excursión, coma: levar unha gorra e chaqueta, levar protección solar, unha merendola "práctica" e auga, etc
Non vos preocupedes polo "tema" de sacar fotos. O profesorado encargarese de facer un amplo reportaxe gráfico. Poderedes descargar e ollar todas a fotos neste blog a partir do venres!
Qué ben o imos pasar!
Deica o xoves!

Piteas: Visita do Equipo Piteas
O derradeiro mes de Maio pasou polo centro o Equipo Piteas para ofrecer ao alumnado de 1º e 2º unhas probas moi divertidas, nas que repasaron diferentes contidos relacionados co proxecto.
As crianzas pasárono moi ben. Ollade que concentrados estaban!
Moi ben rapazada!
Sen dúbida, foi unha xornada didáctica moi interesante!
As crianzas pasárono moi ben. Ollade que concentrados estaban!
Moi ben rapazada!
Sen dúbida, foi unha xornada didáctica moi interesante!
Actividades: Recuncho de lectura e lecer
E seguimos a informar...:)
A ver, que vos parece o recuncho de lectura habilitado no andar principal? Comenzaron poñendo unhas cadeiras e agora ata temos unhas baldas cargadiñas de contos para ler.
Polo de agora está a ser un éxito e a rapazada agradece ao Equipo de biblioteca a creación deste espazo de lecer, onde podemos ler e mesmo xantar a merenda!
Grazas profes!

Talleres: Xogos no patio
Unha vez mais, grazas á ANPA do centro por ter organizado unha xornada lúdica no patio o pasado mes de Maio.
Coma sempre, as crianzas gozaron moitísimo dos xogos.
Aquí deixamos unhas fotos.
Deica!
:)
Coma sempre, as crianzas gozaron moitísimo dos xogos.
Aquí deixamos unhas fotos.
Deica!
:)
Piteas: A Feria Piteas no cole
Ola a toda a comunidade educativa:
Velaquí unhas fotiñas de todos os traballos feitos no centro dentro do Programa Piteas e expostos na Cidade da cultura no mes de Maio.
Sen dúbida, a exposición no Gaiás foi todo un éxito. Non hai mais que ollar todo o que se traballou!
Norabóa rapazada!
11/06/18
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)