16/06/18

Outras actividades: Fotos do Festival de extraescolares

Bo día: 

Comenzamos a fin de semana cunhas fotiñas do Festival de Actividade Extraescolares, celebrado o pasado xoves pola tarde no salón de actos do colexio.


FESTA RACHADA!

A celebración foi organizada pola ANPA; houbo unha demostración das actividades extraescolares que se desenvolveron no centro ao longo do curso 2017-2018.

A mellor "sopa" do mundo foi representada pola alumnado de TEATRO.


O elenco de artistas do CIRCO demostrou tódalas habilidades desenvoltas nestos meses e incluso acadaron convertirse en feros animais. Gggggggg



Ademais, houbo tamén unha espectacular exhibición de JUDO .



E como non, a rapazada cantou unha canción en LINGUAXE DE SIGNOS!




Para rematar,  o equipo de PATINAXE foi quen de amosarnos todo o que aprenderon nas clases. Ainda que non puideron levar os patíns no escenario por razóns de seguridade, quedou moi claro que traballaron arreo ao longo do curso.



Despois de tódalas actuacións,  o público e as crianzas gozaron dunha gran merendola con todo tipo de deliciosos manxares aportados polas familias.



Sen dúbida foi un serán estupendo no que maiores e pequenos o pasaron moi, moi ben!

Grazas a ANPA por organizar este evento!