20/06/18

Outras actividades: Excursións de Infantil

Remata o curso e no cole non paramos de movernos!

 As crianzas de Infantil foron onte de excursión de fin de curso ás dunas de Corrubedo. Alí gozaron da natureza nun día solleiro moi agradable.

Ademais, hoxe foron de visita a Rúa do Espírito Santo a unha casa moi especial: A casa das famosas "Marías" de Santiago. A pesares do calor, foi unha visita moi especial.

Grazas a Encarna Otero por facer posible que a rapazada gozara tanto desta visita tan interesante!


Velaquí deixamos uhas fotos.




Excursión ás Dunas de Corrubedo:







Excursión á casa das Marías: