Moitos parabéns para Morad, o alumno de 6º de Primaria premiado no concurso da Consellería de Educación " Atrévete a ter unha idea".
ATRÉVETE A TER UNHA IDEA desenvolveuse no marco do proxecto EDUEMPRENDE, coa colaboración da Consellería e diferentes asociacións empresariais.
Realizáronse actividades de fomento do emprendemento para 5º e 6º de Educación Primaria. O obxectivo deste programa é fomentar, motivar e sensibilizar ao
alumnado de educación primaria e educación secundaria obrigatoria
no espírito emprendedor.
Tratouse de dar a coñecer ao alumnado directamente e a través do profesorado o tecido industrial da súa contorna, en concreto as empresas das diferentes asociacións empresariais colaboradoras.
Hoxe levouse a cabo a clausura do programa nun acto público ao que estiveron invitados representantes do mundo da empresa e da Administración educativa.
Durante o acto fíxose entrega dos premios do concurso. Morad foi recoller ó seu premio: un diploma e...unha tablet!
O proxecto gañador de Morad consistía na creación dus chaveiros feitos por el mesmo á vez que a creación de animais con papiroflexia.
A vindeira semana, entrevistaremos a Morad para que nos explique polo miúdo a súa idea gañadora.
E mentres agardamos, velaquí unhas fotos deste día tan especial para o voso compañeiro e todo o alumnado de 5º e de 6º do noso colexio.
Noraboa a todos e todas por ter participado e parabéns ao gañador!
مَبْرُوك ("Parabéns " en árabe)