06/02/18

Piteas: A discoteca


O mércores pasado, na clase de segundo recibimos a visita de David, o papá de Pedro

Dámoslle as grazas por facernos un oco por facernos un oco na sua axenda.

David explicoulles todo dunha maneira moi clara e sinxela e chegaron a conclusión de que montar a Game Zoner e a discoteca no patio non era viable.


 

 Foi todo a correr, acudiu ao centro en tempo récord desde que recibiu a carta que lle escribiron e á mañá seguinte xa estaba explicando aos nenos e nenas o que supón montar unha discoteca no noso patio.

Ademais, coa axuda do alumnado de 6º, explicaron porque non podemos facer tampouco unha Zona de videoxogos ou Game Zoner

Falaron deste tema para saber se era posible ou non crear este espazo no patio. Este papá, que é técnico de son, axudoulles a xustificar o rexeitamento desta Game Zoner e discoteca.



Deixámosvos unhas fotos e un vídeo destes momentos.


Agora están indagando para facer un laberinto de madeira, pois era outra opción que lles gustaba. 

                  


Xa vos informaremos dos  avances e prestade atención porque é moi posible que precisemos da vosa colaboración 😊.
 De momento están practicando a sùa montaxe co material de E.F.