O venres veu á nosa aula Aurora, a nai de Clara, unha arquitecta que nos explicou o que se precisa para facer a piscina climatizada que queriamos.
Tróuxonos un plano do patio e un plano dunha piscina.
Os dous estaban na mesma escala e comprobamos que para poñer a piscina no noso patio, precisaríamos moito espazo e polo tanto teríamos que prescindir doutras zonas de xogo.
Que mágoa!
Outro inconvinte difícil de solucionar é o custo económico que supón este proxecto.
Dixo que custaría, como mínimo, 250000 euros!!
O alumnado traballou arreo e gozou moito da charla e das actividades de investigación que desenvolveron.
Moitas grazas a Aurora por virnos axudar.