05/02/18

Actividades: Entroido



Estimadas familias:


Esta semana festexamos no cole O ENTROIDO.







A Sra. Almáciga fainos saber os seus mandados, relacionados todos eles coa escritora Mº Victoria Moreno, a quen se lle adica este ano o día das Letras Galegas.



Estes son os mandados:

Luns: Un chapeu negro
Martes: Uns anteollos semellantes ás que levaba a escritora
Mércores: Un peluche de can ou outro animal
Xoves:Un barquiño de papel ou calquera outro material.

 


Estos mandados poden ser acumulativos ou non.

Ademais, o venres teremos o desfile a partires das 11:30 h.


Se o tempo o permite será polo parque da Almáciga e se chove farémolo no salón de actos.


Despois, teremos a degustación das viandas propias destas datas, aportadas polas familias que se ofrezan a traelas.



Graciñas pola vosa colaboración e que pasedes un bo Entroido!



A dirección do centro








Por certo, ollade que "costumes" mais fermosos están debuxando na clase de Inglés. Son "Dragons and monters costumes"!








     E velaquí,  algúns traballos feitos na clase de 1º e 4 anos:



O Entroido  galego xa chegou a aula de 4 anos!


Clase de 4 anos


     ...e á de 1º tamén!

Clase de 1º de EP