Bo día a todas e todos!
Dende o equipo Piteas
queremos informar á comunidade educativa de que xa estamos comenzando a
recibir aos primeiros "especialistas" co fin de analizar co alumnado
os pros e contras dos proxectos propostos para a mellora do patio do
centro.
Esta semana recibimos a Paola Guimeráns, unha formada artista especializada en innovación educativa.
A clase de 6º de Primaria foi a encarregada de analizar se a súa idea de Game zoner para o patio era viable, xa que, despois de moito pensar, o alumnado decidiu que a primeira opción para o patio dos seus soños sería habilitar unha zona para xogar aos videoxogos.
Para coñecer a viabilidade desta idea, puxémonos en contacto con Paola Guimeráns e convidámola a visitar o noso
centro. Ela aceptou encantada e este luns tivemos o pracer de contar
coa sua presenza nas dependencias do centro.
Ela, ademais de contarnos un pouco a sua experiencia traballando
con game zoners en USA, falounos sobre as posibilidades
reais para levar a cabo un proxecto coma este no noso centro.
Fixo unha
presentación sobre este tema na pizarra dixital e despois, o alumnado conectouse dende
os seus portátiles, seguindo as indicacións de Paola, para visualizar
diferentes proxectos e actividades relacionadas coa tecnoloxía e a informática.
O alumnado formulou preguntas moi interesantes á especialista e amosouse moi motivado no debate sobre a zona de videoxogos.
"Eu fun a encarregada de recibir á "Miss" Guimeráns. Fun ata a aula de Inglés a buscala, pois estaba agardando ali a que subíramos do recreo.
Díxenlle: Good morning Miss Paola, my name is Iria, follow me, please!
Despois a guiei ata a clase, onde xa estaban todos sentados!" IRIA
Díxenlle: Good morning Miss Paola, my name is Iria, follow me, please!
Despois a guiei ata a clase, onde xa estaban todos sentados!" IRIA
"A señorita Paola falou en inglés durante toda a visita e a profe de inglés se encarregaba de traducir ao galego se non entendíamos" SABRINY
Tras analizar os pros e contras de facer un game zoner no noso patio, o alumnado decidiu rexeitar esta idea principalmente por estas causas:
- A metereoloxía "A choiva e a humidade son perxudiciais para os equipos electrónicos" IRIA e MORAD
- O custo económico "Teríamos que reunir moitos cartos para pagar as videoconsolas e o seu mantemento" JORGE e ALEJANDRO
- O custo personal "Non nos atrevemos a emprestar as nosas consolas á escola porque sería moi difícil de controlar o seu uso no recreo e se algún neno ou nena as estraga despois a ver como facemos pagar o arreglo!" JOEL, INTI e XABI
- Razóns de saúde física "O recreo é un momento que temos que aproveitar para movernos xa que a maior parte da mañá estamos sentados, e este tempo de descanso só dura trinta minutos!" RUBÉN e ADÁN
- Razóns de hixiene mental "Encantaríanos xogar os videoxogos no cole pero o certo e que se nos puxéramos a xogar un rato...despois non teríamos ganas de estudar e traballar! MANUEL e SABRINY
O alumno Morad, gran aficionado ao debuxo, encarregouse de crear un debuxo sobre a Paz e darllo como agasallo á convidada en nome de toda a clase , xa que o día seguinte, o martes 30 de Xaneiro se celebraba o
Día da Paz.
"Pensamos que lle fixo moita ilusión, xa que ela estudou
Belas Artes e lle encanta o debuxo e a pintura!"
Sen dúbida foi unha charla moi entretida. As crianzas aprenderon moitísimo sobre tecnoloxía e sobre todo, decatáronse de que para levar a cabo certos proxectos, ademais da ilusión que se bota, é preciso ser realistas e adaptarse ás circunstancias e posibilidades reais!
Nuns días subiremos ao blog novas sobre as decisións adoptadas na clase de 6º de E.P. no tocante ao patio. Coido que terán que centrarse na seguinte opción elexida nesa aula... un rocódromo!
To be continued...!
O alumnado e equipo docente de sexto de Primaria queremos darlle as grazas a Paola Guimeráns por compartir o seu tempo con nós.
Thank you very much for your help Miss Guimeráns!
* Para mais información sobre esta especialista podedes entrar en: www.paolaguimerans.com
Nuns días subiremos ao blog novas sobre as decisións adoptadas na clase de 6º de E.P. no tocante ao patio. Coido que terán que centrarse na seguinte opción elexida nesa aula... un rocódromo!