15/12/17

Piteas: Ideas de patios






Estimadas integrantes da comunidade educativa

 do CEIP Apóstolo Santiago, o luns 18 o centro

aparecerá cos seus corredores cheos de imaxes

 
relacionadas co proxecto PITEAS.












Entramos na fase de facelo público e solicitar a 

vosa colaboración.


 Por se non o sabiades, o seguemento do noso

 proxecto podedes facelo a través deste blog.


Ata o de agora foron todas as nenas e os nenos

 do cole os que opinaron sobre o patio: o que 

lles gustaba, o que non lles gustaba e como lles

gustaría que fora. 


Unha vez recopiladas todas as respostas 

pensamos que pode haber moitas máis 

posibilidades e para amosalas estarán esas 

imaxes. 


Á volta das vacacións indicarán cales son as 

súas preferencias.


Aí é onde imos precisar da vosa axuda e 

colaboración .


Por unha banda con expertos que veñan falar da

 súa experiencia para valorar a viabilidade das

propostas que xa xurdiron e doutras que

poidan 

agromar. 


Por outra banda contactos, man de obra ,

 materiais, ideas... para facer realidade, no mes 

de abril, o patio que queremos.


Para facérmonos saber en que estaría disposta 

a colaborar a comunidade podedes entregar en

 conserxería cuberta a parte inferior desta 

 comunicación. 


Para calquera aclaración podedes contactar con 

Delfina (coordinadora de PITEAS) no centro.


Graciñas por anticipado , que teñades unhas 

boas festas e un mellor ano 2018.



Por certo, que vos parece a decoración feita polo alumnado en Inglés e 

Plástica para celebrar estas datas tan especiais?


Quedoulles moi ben, non si?


Traballo de Arts  & Crafts

Traballo da aula de Inglés

Manualidades feitas na clase de Arts&Crafts

Traballo feito polo alumnado na clase de Arts&Crafts

Decoración feita polo alumnado de Primaria en Inglés

Boneco de neve




Ceip Apóstolo Santiago