26/11/17

Conmemoración: En negro contra las violencias


O pasado venres 24 de Novembro a comunidade educativa sumouse á campaña contra a Violencia de Xénero na nosa sociedade, que se celebrou o  pasado sábado 25 de Novembro.



Celebráronse diferentes actos: 

O alumnado acudiu ao salón de actos,  e cada nena e neno participaron nunha foto na que  suxeitaban unha cartulina de cor negra, para solidarizarse con esta causa.




Ademais, as docentes do colexio subiron ao palco, e coas suas camisetas co lema COMPOSTELA EN NEGRO, proporcionadas polo  concello, sacaron unha foto tamén, coas cartolinas negras, como sinal de protesta pola violencia en contra das mulleres.




Algúns pais e nais sumáronse esa xornada  á concienciación  sobre esta secuela na nosa sociedade, levando postas camisolas de cor negra cos lemas mais representativos desta campaña en contra da violencia machista.

O edificio do centro contou con diferentes carteis colgados das xanelas reivindicando  a fin da violencia de xénero.



Sen dúbida, foi un acto no que todas e todos participamos  activamente e nos solidarizamos ao cen por cen coa causa. 



Moitas grazas a toda a comunidade  pola  implicación amosada nesta xornada!