Moi boas!
Fai unhas semanas tivemos o pracer de recibir no centro ao Distrito Forestal de Ordes.
Déronnos unha charla moi interesante no salón de actos sobre a terrible situación que viven os montes galegos e nos aprenderon sobre como previr os lumes forestais.
Ademais, no patio do centro tivemos a oportunidade de subir a un camión "Autobomba" real! Pasámolo moi ben pois os axentes forestais nos deixaron tocar a serea e mesmo coller a mangueira coa que apagan os lumes!
Velaquí unha fotos!