Qué tal vai indo o verán? De seguro o estades a pasar moi ben!
Queremos comunicarvos as últimas novas sobre o proxecto O NOSO PATIO.
Neste mes de xullo adiantamos moito traballo para realizar o rocódromo.
Grazas a axuda de certos "traballadores" de 6º e mesmo doutros cursos fomos quen de adiantar moitísimo a senda de escalada.
A artista e tecnóloga Paola Guimeráns, que xa visitara o centro anteriormente, vennos botar unha mán e traballou arreo cos cativos para conseguir que fixeran realidade o seu proxecto.
O CLIMBING FOREST é unha senda de escalar ambientada nun monte xeométrico, onde diferentes figuras compoñen unha bonita paixase.
Elixiuse esta temática porque o noso centro está rodeado de parques e queríamos que o mural estivera integrado coa contorna, facendo alusión deste xeito a idea do deporte vinculado á naturaleza.
As figuras e elementos teñen forma xeométrica, de tal xeito que se compuxeron certas formas abstractas, pezas como árbores, ou animais como coellos ou paxaros.
A rapazada foi partícipe tamén na elección das cores para cada peza. Resultou ser unha paleta moi colorida é alegre, ó tratarse dunha actividade escolar. Para facilitar o traballo dos alumnos perfilando as formas empregamos cinta branca.
Aínda que estabamos a piques de rematar o "Climbing Forest", decidimos deixar que o alumnado do centro lle dea o "toque final" en Setembro, pois quedan por pintar algúns elementos e nos gustaría que outras clases se animaran a participar!
Para rematar, das as grazas ao alumnado participante e ao Concello de Santiago por todo o material cedido e a man de obra. O resultado non podía ser mellor.
Vémonos en Setembro!