Rematamos o curso cunha xornada de moitas emocións...Hoxe as risas mesturábanse coas bagullas...
Foi un día moi especial onde a cativada se despediu dos colegas e mesmo dos profes.
Cada clase organizou unha festa na aula onde se bailou, xantou, visionou unha peli...Algúns ata "fixeron a maleta" para marchar de vacacións!
Despois do recreo, a rapazada doulle unha sorpresa ben grande a unha profe moi querida...Conchita.
Como xa sabedes a profe de Infantil Conchita xubilouse este ano.
O alumnado e profesorado do centro quixo darlle unha sorpresiña e cando apareceu no patio...non podía crer o que estaba acontecendo: todo o mundo alí agardando para recibila e darlle un agasallo, como mostra do agradecemento por tódolos anos que traballou para ás crianzas nos coles, e en especial no noso centro.
Sen dúbida, unha excelente profesional que será botada en falta non só polo alumnado, senón tamén polo profesorado e familias do centro.
De parte de toda a comunidade educativa, grazas por todo Conchita, e desfruta da merecida xubilación!
E a vos, só dicirvos que moitas grazas por seguir este blog. En setembro voltaremos!
Que pasedes un bo verán!