A Cidade da Cultura estaba ateigada de xente. A participación foi moi grande.
O noso proxecto
Outros proxectos presentados
Alumnado, profesorado e familiares das crianzas acudiron ao edificio CINC en horario de 16 a 20 h para ollar os proxectos dos colexios participantes, que eran do mais variado!
Aqui vos deixamos un video con imáxenes da Feira.
Feira de exposicións Piteas
E agora unhas fotiñas da intensa xornada vivida onte.
Velaquí o fantástico equipo Piteas do Ceip Apóstolo, formado por membros de toda a comunidade educativa.
Queremos dar as grazas a tódalas familias que viñeron botar unha man ao longo de todo o serán. Sen a vosa presenza non sería o mesmo!
Os profes Delfina, Silvia, "Pilis", Ramón, Rocío, David e Patricia queren felicitar ao alumnado, que traballou arreo ao frente do mostrador, facilitando información e explicando o noso proxecto a tódolos curiosos que pasaban polo stand do colexio. Moi ben rapazada!
Sen dúbida, o material presentado polo noso cole e mesmo o noso proxecto chamaron a atención dos visitantes: As maquetas dos patios, os folletos explicativos creados para agasallar aos visitantes, o xogo de damas xigantes, os libriños, os murais, o video promocional...
O resto dos colexios participantes presentaron unhas propostas moi interesantes. Tivemos tempo para recorrer tódolos stands e aprender moitísimas cousas grazas á axuda do alumnado encargado, que nos explicaba con detalle en que consistían os seus proxectos.
Que ben o pasamos!
Grazas por vir!
:)