05/05/18

Actividades: Excursión á tenda de Sargadelos

As clases de 3º e 4º de Primaria foron de excursión o venres 4 de Maio á tenda de artesanía galega Sargadelos, situada na zona vella da nosa cidade.


Alí, a parte de aprender moitas cousas sobre a nosa artesanía, tiveron a sorte de contar coa presenza de Óscar villán un ilustrador galego de sona, que seguramente coñezades se citamos contos coma...A cebra Camila!





Óscar  dounos unha pequena charla explicándonos aspectos moi interesantes do mundo da ilustración. Fixémoslle algunhas preguntas e nos aclarou moitas dúbidas sobre as técnicas de pintar, debuxar...

Despois, tivemos tempo para crear as nosas propias ilustracións! Creamos personaxes e lles puxemos nomes..moi orixinales. Foi moi divertido.

Aquí tedes algúns dos nosos traballos.









Aínda por riba, Óscar agasallounos cun debuxo moi bonitiño feito por él .

Moitas grazas Óscar!