Ola!
Esta semana xa comenzamos a traer herbiñas e flores para colaborar coa festa do Maio!
Hoxe, venres, celebraremos esta festa tradicional a partires do recreo.
Na clase practicamos unha canción, a ver que tal nos sae!
Por se acaso, aqui deixamos a letra da mesma. Ide botando un ollo!
Aí ven o maio por detrás de San Francisco
Para facer este maio tivemos que ir a
roubar
o fiuncho e mailas flores a casa de
Ferradás,
o fiuncho e mailas flores a casa de
Ferradás.
Para facer este maio tivemos que ir a
roubar
AI LARA LARA AI LA LELO AI LA LA
para facer esta maio tivemos que ir a
roubar.
Viu Ferradás cunha escopeta vella
pegounos un tiro e rachounos unha
orella,
pegounos un tiro e rachounos unha
orella.
Viu ferradás cunha escopeta vella
AI LARA LARA AI LA LELO AI LALA
viu Ferradás cunha escopeta vella.
INSTRUMENTAL
aí ven o maio por detrás de San
Francisco
aí ven o maio cargadiño de trebisco
aí ven o maio pola rúa do convento
aí ven o maio de roubar o monumento.
INSTRUMENTAL
aí ven o maio por detrás de San
Francisco
aí ven o maio cargadiño de trebisco
aí ven o maio pola rúa do convento
aí ven o maio de roubar o monumento.
INSTRUMENTAL
Fin
Aquí tedes unhas fotos do alumnado preparando o noso maio!
Na hora do recreo salimos ao patio para celebralo. Que ben cantamos! A profe Silvia deixounos instrumentos e soaba de maravilla.
O alumnado tocou a frauta e tamén as claves.
E agora un fermoso poema adicado a O Maio
E agora, ollade que ben o pasaron algúns alumnos do noso cole o sábado no Barrio de San Pedro.
As crianzas, coa axuda das familias, trasladaron os Maios dende o cole ata baixar ao barrio.
O grupo Habelas hainas contou coa participación das crianzas para poñer un toque musical a esta celebración.
Aqui tedes o video!
Vivan os Maios!