23/04/18

Conmemoracións: Día internacional do libro




Hoxe celebramos o Día Internacional do Libro, e o fixemos dun xeito moi saudáble. 




Aproveitando o bó tempo, decidimos pasar o plan lector de hoxe  (e algúns minutos mais) no patio exterior. O alumnado dos cursos superiores encargáronse de contar contos aos mais cativos do centro.


















Nas clase de Inglés de hoxe, estivemos lendo algún libro da biblioteca de inglés e incluso fixemos algún traballo na pizarra dixital sobre este día.




A verdade é que non podíamos celebrar dun xeito mellor este día.

Dende o cole queremos animarvos a gozar do pracer da lectura. 

Xa sabedes que na biblioteca do centro dispoñedes dun gran exemplar de libros moi, moi divertidos!

Aquí tedes un video co alumnado de lendo ás crianzas de Infantil de 5 anos.

 



Feliz día do libro!