Amosando publicacións coa etiqueta proxecto. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta proxecto. Amosar todas as publicacións

04/05/18

Piteas: Feira de proxectos


Bo día a toda a comunidade educativa. 

Hoxe é un gran día. Celébrase a feira de Proxectos de Piteas. Será na cidade de Cultura no edificio CINC entre as 16:00 h e as 20:00 h.

Mais información sobre a Feira de hoxe


21/04/18

Piteas: Feira de proxectos


Estimadas familias:

Tal e como vos informamos na circular enviada fai unha semana,  o 4 de maio terá lugar a feira de proxectos de Piteas. Será na Cidade da Cultura no edificio CINC entre as 16:00 e as 20:00.

Lembrámosvos que a actividade é en horario extraescolar e que o alumnado que permaneza no posto do CEIP Apóstolo Santiago estarán acompañados por profesorado pero unha vez que rematen precisamos contar coa vosa axuda para encargarvos deles ou vilos recoller.

Haberá franxas horarias para cada quenda.


Quendas de permanencia no estand
15:45-16:30
16:30-17:00
17:00-17:30
17:30-18:00
18:00-18:30
18:30-19:00
19:00-19:30
19:30-20:00
 

Mais adiante, enviaremos  unha  nota ás familias do alumnado participante na Feria con información de interese.


Moitas grazas pola vosa colaboración.



Un cordial saúdo do equipo Piteas

03/04/18

Piteas: Maquetas



Ola, ola!  Benvidos de novo ao cole!


 Qué tal o pasáchedes nas vacacións? De seguro que moi ben!

Hoxe, primeiro día de clase do terceiro trimestre, comenzan a chegar as primeiras maquetas feitas polo alumnado coa colaboración das familias.

                    


                           

02/02/18

Piteas: Rocódromo

Bo día a todas e todos!

Dende o equipo Piteas queremos informar á comunidade educativa de que xa estamos comenzando a  recibir aos primeiros "especialistas" co fin de  analizar co alumnado  os pros e contras dos proxectos propostos para a mellora do patio do centro.

Esta semana recibimos a Paola Guimeráns, unha formada artista especializada en innovación educativa.

A clase de 6º de Primaria foi a encarregada de analizar se a súa idea de Game zoner para o patio era viable, xa que, despois de moito pensar, o alumnado decidiu que a primeira opción para o patio dos seus soños sería  habilitar unha zona para xogar aos videoxogos.