12/06/18

Actividades: Recuncho de lectura e lecer

E seguimos a informar...:)

A ver, que vos parece o recuncho de lectura habilitado no andar principal?  Comenzaron poñendo unhas cadeiras e agora ata temos  unhas baldas cargadiñas de contos para ler.

Polo de agora está a ser un éxito e a rapazada agradece  ao Equipo de biblioteca a creación deste espazo de lecer, onde podemos ler e mesmo xantar  a merenda!

Grazas profes!