20/06/18

Piteas: Fin de curso

Estimadas familias: 

Chegamos ao fin de curso e queremos agradecer a vosa colaboración co Proxecto Piteas ao longo do curso.


Ao longo do verán agardamos que se instalen o valo dos sons e a senda de escalada. Tamén que se faga o cambio de lugar de porterías.

Nesta derradeira semana de curso o alumnado de 1º de Primaria están a pintar o taboleiro do xogo de damas, e os de 3º de Primaria, o circuíto de xogos de Educación vial.





Como xa sabedes, as maquetas están sendo xa recollidas polas familias xa que polo tamaño, as crianzas precisan da vosa axuda.

Dende o Equipo Piteas do centro queremos desexarvos unhas boas vacacións e unha vez mais, darvos as grazas pola vosa implicación e axuda co proxecto ao longo do curso.

Sen vos, non sería posible!

Vémonos en Setembro! Feliz verán!


Equipo Piteas