A obra chámase "Gatuxo".
O alumnado gozou moitísimo da obra e interactuou coa mesma a través da música!
Velaquí un video, por se queredes coñecer un pouco o traballo de Magín Blanco.
"Gatuxo é unha metáfora do crecemento da crianza e do descubrimento do mundo dende unha perspectiva artística: o Gatuxo é arquitecto dunha caixa, é músico na cociña, é pintor de garabatos, é bailarín de claqué, é cantante, é monicrequeiro cos obxectos cos que brinca, e por suposto é o narrador da súa propia historia"
Que ben o pasamos!
Grazas por vir!