23/03/18

Piteas: Maquetas


Estimadas familias e  demais compoñentes da comunidade educativa:

Tal e como vos informaron a través da nota  enviada hoxe aos fogares do alumnado, neste blog tedes información máis polo miúdo do que debe facer cada un dos cursos.



 Cómo vai evolucionando o programa PITEAS?

    Neste momento todos os cursos participantes teñen escollido o que queren facer no patio e onde queren colocalo. 

 O programa ten varias fases con diferentes actividades, tal como se explicou en entradas anteriores do blog.

 Dentro das actividades de tipo III están a realización dos proxectos no patio e a presenza na Feira de proxectos que terá lugar o vindeiro día 4 de maio na Cidade da Cultura . 


Qué actividade fará o alumnado?
 
 Para este evento, entre outras cousas, imos levar maquetas do elemento escollido pola clase para o patio, realizadas  polo alumnado das diferentes aulas. Esta actividade é para realizar nos fogares coa colaboración das familias.


Qué prazo hai para entregar a maqueta ?
 As maquetas deben estar no centro escolar  a semana despois das vacacións de Semana co fin de ter tempo a facermos unha pequena exposición no cole antes de trasladalas á Feira de Mostras . 

A data límite  de entrega é o Luns, 9 de marzo.


De qué tamaño se pode facer?
 
 O tamaño pode ser en A4 , A3 ou A2 (tamaño cartolina grande)



Qué materiais se poden empregar?
 
Para a elaboración das maquetas poderedes empregar calquera material e dende aquí suxerimos que se utilice  algún material de refugallo.    



 ¿Ten que ser realista e parecida á foto de referencia?
 Non ten por qué!

Lembrámosvos que as  imaxes son orientativas e as maquetas non teñen por que ser reproducidas con exactitude. 

Pola contra, agardamos que a exposición sexa, non só unha formidable mostra de maquetas, senón unha viaxe á imaxinación!

 Algunhas das cousas que pediron os grupos poden resultar inviable nestes intres por cuestións presupostarias ou de  permisos, pero a día de hoxe respectamos a  elección das crianzas e polo tanto deberán facer as maquetas sobre o proxecto elexido na súa aula.



 Ónde  podemos orientarnos?

En internet existen moitas páxinas sobre a realización de maquetas infantiles. Suxerimos Pin interest.
Aqui deixamos algunhas imaxes con maquetas  construidas con diferentes materiais, formas...























Imaxes de referencia

 E agora, velaquí as imaxes de referencia dos patios que vos valerán como guía.




4º de EI Muro de sons




5º de EI estrutura de troncos



1º de EP Xogo de damas ou xadrez



2º de EP Labirinto de madeira



3º de EP Circuito de Educación Vial



4º de EP Cabanas vivas



5º de EP  Estruturas colgantes



6º de EP Senda  de escalada



Tamén vos proporcionamos un plano do  patio do cole coa ubicación que decidiron para  cada un dos elementos.







Unha vez que teñamos as datas para realizar algúns dos proxectos no patio volveremos a contactar convosco para que nos acompañedes  e nos botedes unha man , nalgunha das actividades.




Agradecemos moito a vosa colaboración nesta actividade e aproveitamos para desexarvos unhas boas vacacións.


Un cordial saúdo
O grupo Piteas