23/03/18

Inglés: Easter holidays!

E por fin chegou o día!

Imos de Holidays!

O cole xa está todo decorado...e Easter bunny quedou...encantado!



 O alumnado traballou arreo para  deixar  a pranta baixa tan..."primaveral"! A ver se O Bunny sabe apreciar o voso esforzo e  recibides un Easter egg nestos días. Finger crossed!


 
Axudando a decorar


Aqui tedes unhas fotos do resultado final.


Actividades: Concursos de mates en 2º de Primaria

Ola:
En 2º de Primaria onte e hoxe estamos a traballar as mates dun xeito moi divertido...

Estamos facendo concurso de tablas de multiplicar!

Houbo dos  equipos e tódolos participantes se esforzaron moito para dicir os resultados.


Talleres: Xogos no patio

Este último día antes das vacacións, a ANPA  ofreceuse a organizar Xogos no patio en horario de recreo. Moitas grazas!

As crianzas o pasaron moi pero que moi ben.

Velaquí unhas fotos.


Piteas: Maquetas


Estimadas familias e  demais compoñentes da comunidade educativa:

Tal e como vos informaron a través da nota  enviada hoxe aos fogares do alumnado, neste blog tedes información máis polo miúdo do que debe facer cada un dos cursos.


22/03/18

Inglés: Happy Easter!


Ladies and Gentlemen...Easter Bunny  deixou un recado para o alumnado: Decorar o cole para celebrar a chegada do Easter!



As crianzas non dubidaron en  poñerse a traballar...A ver se así, Easter Bunny se anima a deixar un chocolate egg nas vacacións! Oxalá!









 

21/03/18

Conmemoración: Día Mundial do Síndrome de Down


Hoxe celébrase o Día Mundial das persoas con Síndrome de Down.









Unha xornada en que queren incidir na integración plena das persoas con esta condición. 





Cada día esfórzanse por demostrar as súas habilidades. 



No enlace de abaixo poderedes ollar  cincuenta nais cantando cos seus fillos a canción 'Mil anos'. 

Falan de cores, de promesas, e tamén de valentía. Como proba, a súa!

Día Mundial do Síndrome de Down

Inglés: Spring is here!

Boas novas everybody!

Despois de tres meses de frío, xeadas e moi roupa de inverno...por fin chegou a primavera!



A estación mais colorida do ano fixo a súa aparición onte, martes 20 de Marzo ás 17.15 h e rematará o 21 de Xuño coa chegada do verán. Hooray!

Sabiades que a término PRIMA ven do latin "Primer"  e VERA de "verdor"?  Pois o nome xa o di todo, non si?

No cole estamos a realizar diversas actividades para celebralo.


Talleres: Taller de sostenibilidade

As aulas de 3º e 4º do noso cole tiveron unha pequena charla-taller de reciclaxe e hortos urbáns encaixada na ruta "Faino Verde", impartida por colaboradores da empresa Leroy Merlín e coas que pretenden sensibilizar aos máis pequenos dunha forma práctica, didáctica e lúdica para que adquiran condutas sustentables e respectuosas co entorno.  

 

O taller tivo unha duración duns 60 minutos e incluiu diferentes actividades para potenciar a reciclaxe e fomentar o aforro de auga e enerxía así como un taller no que as crianzas fabricaron o seu propio horto sostible.


Piteas: Proxecto Cabanas Vivas

Hoxe  o alumnado de 4º tivo un taller sobre a  sostenibilidade. Cando finalizou, a clase  aproveitou esta visita para ter unha charla cos profesionais de Leroy Merlín sobre a súa actividade de mellora de patios: O Proxecto de cabanas vivas.


Consultaron algunhas dúbidas e analizaron pros e contras sobre a construcción da mesma. 

A rapazada estivo moi participativa! Qué ben!

Graciñas a este fabuloso equipo por asesorarnos e por nos axudar a despexar algunhas dúbidas sobre o proxecto !

19/03/18

Conmemoración: Happy Father´s Day

Ola rapazada:

Hoxe é o día do Pai e por iso é moi importante agasallar aos nosos pais cunha aperta e cun "I love you!" ou "Quérote!"

Por petición do alumnado podedes gozar deste video tan animado sobre unha familia moi especial...
FAMILY FINGER!

Feliz día a tódolos pais e avós!





Lyrics


Daddy finger, daddy finger, where are you? 


Here I am, here I am. How do you do?


Mommy finger, Mommy finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

Brother finger, Brother finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

Sister finger, Sister finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

Baby finger, Baby finger, where are you? 
Here I am, here I am. How do you do?

09/03/18

Talleres: Cociñando polo Feminismo


Bo día xente!

Despois da intensa xornada vivida onte, estamos a presenciar actividades de aula relacionadas coa Equidade e Igualdade no noso centro.

Semella que en Marzo todo se tinxe de tonalidades lilas; invádennos os símbolos feministas como preludio dunha sociedade máis xusta para todas e todos!

Ollade o Taller de Igualdade no que está mañá participarón as crianzas de 4 anos. 
Fixeron galletiñas moi especiais...


07/03/18

Conmemoración: Día internacional da muller

 


Mañá 8 de Marzo,  celébrase O Día Internacional das Mulleres


O noso blog

LAST NEWS!

O blog  almacigaenverde cambiará proximamente de aspecto co obxectivo de mellorar  a experiencia dos usuarios.

Polo de agora...non podemos dicir nada mais. Toca agardar un chisquiño!


Lembrámosvos que este blog é unha fiestra onde ollar:

- As actividades didácticas  levadas a cabo dentro do Proxecto Piteas 

- As actividades levadas a cabo en INGLÉS  e ARTS&CRAFTS(E. artística) 

- As actividades didácticas organizadas polo profesorado en xeral

- Os festivais e celebracións especiais
 
- Actividades organizadas pola ANPA do centro

- Aportacións educativas do alumnado 

- Novas salientables referentes ao noso centro e  á Educación en xeral. 




Aproveitamos para agradecer aos usuarios a súa participación ao visualizar o blog dende os fogares.

GRAZAS!



 



Actividades: Circus party at school!

Ladies and gentlemen....

Welcome to the Circus!

 


O alumnado do cole está a recibir unhas clases moi divertidas esta semana:

ACTIVIDADES DE CIRCO



Benvidos ao circo!


O departamento de Educación Física é o organizador deste evento.  

A profe de E.F. traballou arreo para levar a cabo este proxecto. Habilitou unha aula valeira do primeiro andar coma un "pequeno circo".

Deste xeito, a clase quedou transformada nun espazo no que aprender malabares e moito mais!


Porta de "Circo"

02/03/18

Talleres: Balonmán

GRAZAS POR VIR AO NOSO COLE!!!

Dende o cole queremos dar as grazas a David, un adestrador de balonman do Clube de Balonmán Ribadosar, que visitou durante varios días o noso cole.
 Durante catro xornadas estivo coa profe de Educación Física nas clases de 4º, 5º e 6º, introducindo á rapazada neste deporte.  Quen mellor que un adestrador para ensinar balonmán ás crianzas!
 Todos o alumndo amosou interese, algúns xa tiveran algunha toma de contacto pero para outros era a primeira vez. Portáronse moi ben durante toda a sesión!
David comezou explicándo unhas nocións teóricas e rápidamente pasamos á pista;  algún grupo ata puido rematar facendo un minipartido.
 Que mágoa que o tempo pasara tan  axiña nesta actividade!  De  tódolos xeitos, quedamos convidados e convidadas por el a participar nalgún dos adestramentos do seu clube!

Moitas grazas David, volve cando queiras :) 
Oxalá algún clube máis se anime a colaborar con nós para dotar ao alumnado dun amplo bagaxe de experiencias deportivas.
Que pasedes unha boa fin de semana!
Deica o Luns!

Deixámosvos algunhas fotos para que botedes un ollo. A ver se vos gustan!



01/03/18

Inglés: Welcome to Wisconsin!

Esta semana,  o noso auxiliar de conversa de inglés,  estivo amosando polas aulas unha presentación de Wisconsin, o estado de USA do que procede, dende unha perspectiva moi "estacional".



Steven  fixo fincapé na  belleza paisaxística da súa terriña nas catro estacións do ano, e asi, en "Wisconsin in four seasons", ollamos diferentes parques naturais,  lagos,  zonas rurais e moitas, moitas flowers en primavera, verán, outono e inverno. 
 Ata vimos unha fervenza onde a auga estaba conxelada e un lago  conxelado onde había moita luz de noite!  Mi madriña!