Ola, ola:
E por fin chegou o día!
Hoxe , ás 11:30 h. festexamos no cole o Festival de Entroido!
Tanto
o alumnado, como o profesorado, a ANPA do centro e as familias en xeral
axudaron a organizar este evento dende primeria hora da mañá,
ocupándose da decoración do escenario, dos corredores, o photocall,
disposición da zona de degustación de produtos típicos...
Velaquí unhas fotos destes preparativos!
Grazas ás familias polas viandas de Entroido!
|
Pancarta da obra UN CACHIÑO DE BICA
|
Preparándonos na clase de 2º
|
Todo o mundo traballou arreo!
|
Coloreando a máscara xigante para colocar no palco
|
Entroido galego para decorar os corredores
|
Benvidas familias...e cantas había!
|
Coloreando en 3 anos
|
O profe Ramón cos seus axudantes, marcando a liña para o desfile
|
A ver se adiviñades quen son? Eche ben doado!
|
4º, 5º e 6º unidos polo Entroido
|
Aqui están as "sopas de letras" de 4º...e un cadeliño chamado Correcamiños!
|
Agardando para entrar... Imos aló!
|
E comezou a celebración!
O alumnado, coa axuda do profesorado, sentou por orde nas cadeiras no salón de actos.
Despois entraron as familias, que quedaron de pé polo lateral dereito.
O certo é que ven moitísima xente a ver á rapazada e o cheo foi absoluto!
Curso
por curso, foron subindo as clases ao escenario para amosar os seus
fermosos disfraces, que estaban relacionados, case na súa totalidade,
coa obra da escritora á que se lle adicará este ano o día das Letras
Galegas: Mª Victoria Moreno.
Queredes botar unha ollada? Pois velaquí unhas fotiñas.
2º agardando no seu corredor para entrar no salón de actos. Foron de camareiros e mais personaxes da obra "Un cachiño de bica"
|
Ollade que cadeliñas e cadeliños mais riquiños! Son de Infantil e representan personaxes da obra da escritora
|
Infantil e 1º colocándose no salón
|
En 1º de Primaria foron de letras...e formaron frases relacionadas coa autora!
|
A ver se adiviñades quenes son estas "sopas de letras". Serán de 3º ou de 4º?
|
Hum...Estache ben difícil!
|
O Rap de Mª Victoria e o rap "Apréndeo", interpretado polos alumnos de 5º e 6º . Que ben o fixeron!
|
Foi un festival moi "máxico", on de non faltaron trucos a cargo de Morad, alumno de 6º. Impresionante!
|
Para rematar, toda a comunidade educativa cantou As coplas do Entroido, por cortesía da ANPA do centro.
|
Tamén houbo foliada. Grazas por animar a festa!
|
Pero que ben tocaron! "Bailaches Carolina...."
|
O cheo foi absoluto. Ollade como estaba a planta principal do centro. Hora de xantar!
|
Filloas, orellas e moito mais...Boísimo todo!. GRAZAS POR TRAER ESTAS VIANDAS!
|
Toda a xente presente gozou moitísimo deste postres!
|
E agora aqui vos deixamos a letra dos raps interpretados polo alumnado de 6º e 5º. A cantar!
Veña, anímate a rapear! Velaquí a letra!
A canción chámase APRENDEO, é de unha rapeira galega chamada Aid
|
Aprendeo, Ascendeo...
|
E agora o Rap de Mª Victoria
Polo de agora, isto é todo. Nos vindeiros días subiremos máis fotos desta festa tan especial!
****************************
Pero que orixinais! |
De tódolos estilos |
Yummy, Yummy...! |
...in my tummy! |
Nicolau e profesionais da hostelería tomando nota dos pedidos! :) |
As sopas de letras de 3º e 4º! |
O wizard Morad! Abracadabra!!!!!! |
Cantando e despois xantando. Que rico todo! |
As máscaras de Mº Victoria Moreno. Quen é quen? Who´s who? |
It´s me! :p |
3º e 4º no palco |
Pero que rapeiros están feitos os de 5º e 6º! |
As letriñas de 1º! |
De parte do profesorado do centro grazas a todos por vir e...
que pasedes un moi bo Entroido!