Esta semana estivo no centro o equipo da USC participante no proxecto Piteas.
"Agarda...Pero quen participaba no Proxecto Piteas?"
Tranquilidade...Sabemos que tanta información "aturulla" asi que imos lembrar un pouco que organismos participan en Piteas.
Trátase dun proxecto no que colaboran tres institucións:
-Por un lado, a Consellería de Educación, que aporta os centros, o profesorado e a Rede de formación para os mestres participantes no proxecto Piteas.
-A Fundación Barrié; encarregada de organizar a Feira de Proxectos, ademais de facer una aportación económica moi importante para desenvolver o proxecto.
-En derradeiro lugar, temos o equipo de investigación da Facultade de Educación da Universidade de Santiago de Compostela (USC), que é a encarregada de facer a avaliación do proceso e da evolución do mesmo.
Pois ben, ao longo desta semana, tivemos o pracer de contar coa presenza do equipo de especialistas da USC no noso centro.
Visitaron as aulas de 1º e 2º de primaria para realizar unhas probas moi divertidas ao alumnado participante.
Basicamente , pódese dicir que este test mide o rendemento das crianzas baseándose en cinco variables:
- A aptitude espacial
- A aptitude numérica
- A aptitude verbal
- O razonamento
- A capacidade memorística
Ademais, realizáronse outras probas para coñecer a creatividade do alumnado e a capacidade lectora dos nenos e nenas.
Por último, realizaron un test emocional aos mestres implicados no proxecto.
Por último, realizaron un test emocional aos mestres implicados no proxecto.
As crianzas desfrutaron das actividades propostas e pasaron un rato moi entretidos!
Aqui vos deixamos unhas fotos.
Deica logo!