Ola, ola!
Benvidos ao blog AlMACIGAENVERDE, unha fiestra dende a cal toda a comunidade educativa do CEIP Apóstolo Santiago poderá gozar das actividades realizadas polo alumnado que traballa dentro do Proxecto de innovación educativa PITEAS, no curso escolar 2017-2018.
Creouse tamén, para compartir convosco as actividades do centro en xeral, non enmarcadas dentro do Proxecto Piteas.
Creouse tamén, para compartir convosco as actividades do centro en xeral, non enmarcadas dentro do Proxecto Piteas.
Que é o Proxecto Piteas?
PITEAS é un programa educativo impulsado pola Fundación Barrié que se centra no desenvolvemento das fortalezas e talentos dos estudantes, para o cal se teñen en conta as súas diferentes características, necesidades, intereses e motivacións. O obxectivo último é ofrecer ideas e ferramentas científicas e pedagóxicas que potencien o traballo colaborativo, as metodoloxías activas e o desenvolvemento do talento persoal e colectivo.
Quen era Piteas?
Este programa débelle o seu nome a Piteas, un navegante, explorador e científico grego do século IV a. C., a quen se atribúen importantes descubrimentos, entre eles, que Hispania era unha península. Piteas soubo unir ciencia, esforzo e talento para construír unha nova mirada sobre o mundo que lle rodeaba, unha idea que a Fundación Barrié retoma como metáfora do seu compromiso educativo.
Queres saber un pouco mais?
Podes visitar o seguinte enlace:Coñecemos Piteas?